Formalizado o convenio de colaboración entre Hostalaria.gal e a Asociación de Hostelería de Ribeira

12 Xullo 2023

O Ateneo de Ribeira foi escenario este 12 de xullo da sinatura do convenio de colaboración entre a Asociación Empresarial Hostalaria.gal e a Asociación de Hostelería de Ribeira. O obxectivo deste acordo é fortalecer a organización do sector nas vilas e comarcas para acadar unha maior efectividade na defensa dos intereses dos hostaleiros ante as distintas administracións e entes privados.
Ademais, con este convenio os establecementos asociados de Ribeira terán acceso a numerosas vantaxes froito dos acordos que Hostalaria.gal mantén con empresas de enerxía, asesoría fiscal e laboral, equipamentos, seguros, auga, telefonía ou seguridade, entre outros moitos.
As directivas das dúas asociacións dirixíronse posteriormente ao Concello para solicitar unha cita co alcalde de Ribeira, Luís Pérez, ao que aproveitaron para saudar e co que tamén fixaron unha reunión para o vindeiro 8 de agosto na que se tratarán asuntos xerais que afectan ao sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.