O novo Concello de Rianxo activa unha liña directa de comunicación coa cidadanía para resolver incidencias e e recibir suxestións

12 Xullo 2023

O novo Goberno local de Rianxo quere estar preto da xente, tal e como manifestaron repetidamente os seus representantes antes, durante e despois das recentes eleccións municipais, e froito desta arela (do obxectivo de “escoitar ás veciñas e veciños, sentilos máis preto e darlles voz”) veñen de pór en marcha unha liña directa de comunicación cidadanía-Concello. Fano a través do número 607 77 46 33, a través do cal a veciñanza poderá facer chegar mensaxes con indicación de incidencias e queixas. Mediante este servizo, as rianxeiras e rianxeiros tamén poderán enviar suxestións e consultas aos membros do Goberno municipal.

A través desta liña non se atenderán chamadas telefónicas, dado que unicamente será empregada para a prestación do servizo sinalado. Neste punto, o Goberno local lembra que para chamar ao Concello de Rianxo, así como a calquera dos seus departamentos, cómpre dirixirse aos teléfonos que se recollen no directorio que aparece na páxina web municipal, www.rianxo.gal.

.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.