En Rianxo un ataque de gaivotas a viandantes deriva nun rescate de dous pitos que se caeron do niño

08 Xullo 2023

A dotación de garda do parque comarcal de Bombeiros de Boiro e unha patrulla da Policía Local de Rianxo foron mobilizados este mediodía ata o lugar rianxeiro de Xogo dos Bolos para rescatar de dúas crías de gaivotas que, posiblemente debido ao vento que soprou durante a noite, caéronse dun niño nunha zona de maleza dunha leira.

A agresividade dunhas gaivotas ante as persoas que nese momento se atopaban no lugar, situada nas proximidades da praia de Tanxil, chamou a atención entre os veciños. Tanto, que decidiron chamar aos bombeiros para ver se estes podían solucionar o problema.

Os bombeiros de Boiros metéronse entre a maleza para localizar e proceder ao rescate desas crías de gaivota. Despois de sacar a esas aves dese lugar, ambas foron introducidas nunha caixa e entregadas á Policía Local de Rianxo, que realizou as xestións co Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros, na Coruña, para que o seu persoal acuda a recollelas.

Cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.