
Un mariñeiro de Porto do Son desapareceu en augas próximas a Panamá. O home, de entre 45 e 50 anos, estaba a facer garda na ponte cando se lle perdeu de vista.
O suceso produciuse cando o barco no que ía a bordo, o “Cosmos” con base en Ribeira, dirixíase a porto para descargar antes de regresar a Galicia. No momento do suceso, o buque estaba en augas próximas a Panamá.
O home, veciño do municipio coruñés de Porto do Son, desapareceu cando realizaba garda na ponte. O alcalde do municipio, Luís Oujo, confirmou a “obarbanza.gal” que varios barcos que faenaban na zona colaboran na procura do mariñeiro.
O rexedor, ademais, púxose ao dispor da familia e está en contacto coa Consellería do Mar. Cosmos




