Dixitalizado o Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos para poñelo á disposición de toda a cidadanía

08 Xullo 2023

A versión en liña do libro recolle 83 ortofotos históricas e actuais que amosan a evolución da paisaxe pola que discorren as distintas rutas ao longo dos últimos 50 anos.

A Xunta de Galicia activou esta semana unha páxina web para garantir o acceso de toda a cidadanía á versión dixital do Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos, un documento publicado en formato papel no ano 2022 cun total de 83 ortofotos históricas e actuais que permiten comprobar a evolución da paisaxe pola que discorren as diferentes rutas xacobeas ao longo dos últimos 50 anos.

O libro dixital, ademais, inclúe 241 fotografías nun volume de 770 páxinas agrupadas en 65 capítulos, 1 por cada etapa das 9 rutas seleccionada: o Camiño de Inverno; a Vía da Prata; o Camiño portugués; a Ruta do mar de Arousa e río Ulla; o Camiño Inglés, o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo, o Camiño Francés e o Camiño de Fisterra e Muxía.

Todos os documentos gráficos preséntanse en alta calidade nunha narración a catro páxinas e en tres idiomas —galego, castelán e inglés— que, grazas ao fío condutor do Camiño de Santiago, permite coñecer as diferentes paisaxes galegas tanto naturais como construídas.

Cómpre lembrar que este Atlas foi elaborado polo Instituto de Estudos do Territorio, organismo dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no marco da chamada Colección Paisaxe Galega, unha serie de publicacións que teñen como obxectivo dar a coñecer as distintas formas de paisaxe existentes na Comunidade, fomentando a adopción de boas prácticas enfocadas á súa conservación e ao impulso da cultura do fermosismo.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.