A Feira Medieval de Noia arrinca o 14 de xullo

04 Xullo 2023

Comezou a conta atrás para o inicio dunha das máis relevantes celebracións da vila de Noia e da nosa comarca: a Feira Medieval. Segundo confirmou a Área de Cultura municipal que dirixe José Pérez, a vixésimo cuarta edición da Feira Medieval celebrarase os días 14, 15 e 16 de xullo.

O edil tamén compartiu nas redes o cartel oficial desta nova edición e confirmou que nos vindeiros días anunciarase dende o seu departamento toda a programación que se desenvolverá polas rúas de Noia durante estes 3 días de celebración da historia e a cultura locais.

Entre as actividades que non van faltar atópase o mercado medieval (con numerosos postos de gastronomía e artesanía local e de Galicia), as exhibicións de cetrería, os torneos, as ruadas, as actuacións musicais, o teatro e a zona de xogos para a rapazada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.