Evacuado en helicóptero un veciño de Rois tras caerlle enriba un portal de ferro

02 Xullo 2023

Un home tivo que ser evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago ao caerlle enriba un portal de ferro. O suceso ocorreu preto das 11:20 horas no lugar de Duei, na parroquia de Augasantas, en Rois.

Foron os profesionais sanitarios os que chamaron ao 112 Galicia para informar da mobilización dunha das súas aeronaves ata o lugar dos feitos. Durante a comunicación cos xestores do 112 indicaban a posibilidade de que o ferido estivese atrapado.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia solicitouse a colaboración dos Bombeiros de Boiro e dos membros do GES de Padrón.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron ao 112 que o varón non estaba atrapado pero, non era quen de moverse tras recibir o golpe. Deste xeito, procederon a asegurar a estrutura para poder evacuar ao ferido con seguridade ata o punto no que aterrou o helicóptero.
Finalmente, o home foi trasladado na aeronave ata o centro hospitalario de referencia.

Ata o lugar tamén acudiron os axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade.

Outros artigos

Rois acolle o seu II Concurso de Tapas Rois nun bocado!

Será durante as fins de semana do 20 ao 22 e do 27 ao 29 de novembro cando Rois acolla o seu II Concurso de Tapas Rois nun bocado!, que presentaba o pasado venres 13 de novembro na terraza exterior da Taberna Angueira. Con propostas gastronómicas a un prezo de 2 euros...

+

Conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Rianxo quenta motores para a XII Carreira Popular do 31 de outubro con previsión de acadar os 700 participantes A vila de Rianxo volverá converterse no epicentro do atletismo comarcal o vindeiro sábado 31 de outubro coa celebración da XII Carreira Popular Concello de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión