Case 600 mozos e mozas de 12 formacións de toda Galicia cítanse no IV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís no Gaiás

01 Xullo 2023

A Cidade da Cultura de Galicia acolle ao longo deste sábado a VI edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que preto de 600 músicos novos, de 12 formacións, interpretan os repertorios elixidos para a ocasión. Entre elas inclúese a Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por medio cento de intérpretes, todos menores de 20 anos, pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da Comunidade.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidade, Román Rodríguez, dou a benvida aos rapaces e rapazas participantes no encontro e remarcou o compromiso do Goberno galego “cun certame que enriquece a formación das xeracións máis novas e promove a educación na diversidade a través da música como linguaxe universal”.

O titular de Cultura da Xunta de Galicia estivo acompañado pola directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e de Iván Estévez, presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares, entidade a quen agradeceu “a organización dun festival que, ademais de mellorar a visibilidade destas agrupacións, amosa o seu traballo ao gran público e permite a rapazada de toda Galicia gozar dunha xornada festiva e de convivencia co seu amor pola música como nexo común”.

O festival, que se desenvolve no Gaiás ao longo de todo o día e con entrada libre e de balde, arrancou cunha interpretación do Himno Galego no Xardín do Teatro e rematará cun concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, que integran mozos e mozas de diferentes agrupacións de Galicia baixo a dirección de Tiago Correia.

As formacións que participan este ano son: a Banda da Escola de Música de Xinzo (Ponteareas), a Banda Xuvenil de Vilatuxe (Lalín), a Banda da escola de Música de Vilaboa, a Banda-Escola de Música de Barro, a Banda Infantil Unión Musical de Meaño, a Banda Xuvenil da Escola de Música de Salvaterra, a Banda Escola da Unión Musical de Tenorio, a Banda Infantil Sementeira de Narón, a Minibanda de Vilalba, a Banda de Música de Santádega (Coles) e a Chiquiband – Agrupación Musical da Limia.

O Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia está organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e conta co apoio da Xunta de Galicia —a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Fundación Cidade da Cultura— e da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.