Galicia terá como festivos propios o 17 de maio e o 25 de xullo para o próximo ano 2024

29 Xuño 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deu conta hoxe do calendario laboral de Galicia para o próximo ano 2024 e do que adiantou que se fixan como festivos propios os días das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Nacional de Galicia (25 de xullo), “que son os mesmos que determinamos este ano”, lembrou.

Rueda explicou que a normativa estatal establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Segundo espeficou, destes 14 festivos, dous son locais, ao ser elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles, a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (29 de marzo en 2024), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2024 hai un festivo nacional de carácter obrigatorio que coincide en domingo: o 8 de decembro (Inmaculada Concepción), que Galicia propón substituír polo 17 de maio, día das Letras Galegas.

O presidente da Xunta indicou que os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, “é dicir, as comunidades poden cambailos”, precisou. Serían o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, “agás que coincida en domingo”; o Xoves Santo (que en 2024 se celebrará o 28 de marzo), que na Comunidade galega non se modifica de xeito tradicional; canto ao terceiro, dáselles a opción ás comunidades de escoller entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. Na Comunidade galega sempre se elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

Polo tanto, as festas do calendario laboral para Galicia en 2024 que se determinan son: Aninovo, 1 de xaneiro; Epifanía do Señor (Día de Reis), 6 de xaneiro; Xoves Santo, 28 de marzo; Venres Santo, 29 de marzo; Festa do Traballo, 1 de maio; Día das Letras Galegas, 17 de maio; Día Nacional de Galicia, 25 de xullo; Asunción da Virxe, 15 de agosto; Festa Nacional de España, 12 de outubro; Todos os Santos, 1 de novembro; Día da Constitución Española, 6 de decembro; e Natividade do Señor, 25 de decembro.

Unha vez aprobados os festivos de carácter autonómico por parte do Consello da Xunta, publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG). Ademais, levarase a cabo, por cada un dos concellos galegos, a determinación de dous días como propios da súa localidade. Non será necesario que o decreto autonómico estea publicado, só será necesaria a aprobación para que os concellos elixan os festivos locais.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.