O SERGAS outorgou a unha manchea de praias da nosa comarca a distinción de excelentes, preto dun centenar. A listaxe pódese consultar no Mapa de zonas de baño de Galicia, onde tamén figuran os areais libres de fume do tabaco. Polo que respecta a Rianxo, foron cualificadas como excelentes as praias da Torre, As Cunchas e Tanxil. Ademais, os tres areais están incluídos na Rede Galega de Praias sen Fume, unha iniciativa educativa e de promoción da saúde, así como de protección do medio ambiente, pola que se insta ás persoas que desfruten da praia a que non fumen nela.

Polo que respecta a Boiro, recibiron a distinción de excelente Portomouro, Mañóns, Ladeira, Retorta, Carragueiros, Piñeirón, Ribeira Grande, Barraña-Saltiño e Barraña. Na Pobra posúena Raposiños, Areal, A Barca, Lombiña, A Illa e Corna. En Ribeira son excelentes A Corna, Baluarte, Río Azor, Coroso, O Touro, Area Secada, Ameixida, Os Mosqueiros, Castiñeiras, O Castro-Catía, A Muralla, O Vilar, Ladeira, O Porto-Robeira (Corrubedo), Prado, Balieiros e Espiñeirido. En Porto do Son destacan Espiñeirido, As Furnas, Río Sieira, Seiras (Queiruga), O Dique, Area Longa (Castro de Baroña), Arnela, Cruceiro-A Vila (Porto do Son), Suigrexa, Caveiro, Aguieira, Langaño-O Pozo, Coiro, A Gafa, Ornanda e A Telleira (Boa).
En Noia reciben o distintivo Boa Grande e Boa Pequena.
En Outes, Broña, e en Muros Medrón-Uía, O Portiño, Parameán, Agrocovo, Somorto, Fontela, Tal, Area Longa, Seixal-Area do Medio, Bornalle, Liñares, Ventín-O Salto, Anido, Castelo, A Vouga, O Espadanal, San Francisco, O Fogareiro, Area Maior (Louro), Ancoradoiro e Lariño (Muros e Carnota).




