O venres comeza en Rianxo a 19 edición do Encontro Internacional Zona da Zanfona

26 Xuño 2023

Esta semana comeza un dos grandes acontecementos culturais do Barbanza e sen lugar a dúbidas un dos máis singulares do panorama galego: o Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo, un evento que cumpre as dezanove edicións ininterrompidas desde 2004 organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo. Esta nova convocatoria celébrase entre o venres 30 de xuño e o domingo 2 de xullo. Polas anteriores edicións teñen pasado os nomes máis senlleiros da escena europea na práctica instrumental da zanfona nas últimas dúas décadas.

Zona da Zanfona é en palabras da organización “o festival da manivela musical, da revolución silenciosa e mecánica do arco infinito, combinando programación de actividades para o público xeral e o especializado”. Haberá concertos, cursos e convivio arredor da zanfona. A axenda comeza o venres 30 de xuño na praza Rafael Dieste ás 21.30 horas (con Sangre de Muérdago e Ben Grossman) e prosegue o sábado 1, no mesmo lugar e á mesma hora, con Cantometrics e David Bellas e Iván Abal. O domingo haberá diversas actividades no Pazo de Rianxiño: o Palco Aberto ZdZ a partir das 12h, unha Mostra de Escolas de Zanfona, o Xantar ZdZ e a presentación do Manual galego de zanfona con Suso Vaamonde, ás 17h.

Tamén haberá actividades formativas con Óscar Fernández (de iniciación, o venres 30 a partir das 16h), con Vítor Soto (intermedio, venres 30 en horario de 16-20h) e con Ben Grossman (avanzado, o sábado 1 en horario de 10 a 19h). A maiores celebrarase un obradoiro de construción de zanfonas con Suso Gestal e Ariel Ninas (o sábado 17 e domingo 18 xuño, de 10 a 20 horas).

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.