O sonense Carlos Lorenzo Blanco impúxose novamente en Os 100 dos International Trekkers

26 Xuño 2023

A calor abafante por unha banda, e a heroicidade e resistencia das e dos participantes, pola outra, foron os grandes protagonistas de Os 100 dos International Trekkers, a andaina máis longa da xeografía galega que comezou o sábado ás 16.00 horas no Pavillón de Barraña (Boiro) e que se saldou cunha nova vitoria do sonense Carlos Lorenzo Blanco, quen cruzou a meta en 10 horas,46 minutos e 49 segundos. Lembrar que tamén ocupou o posto máis alto do podio na edición de 2022.

O gañador da esixente andaina polo Barbanza, Carlos Lorenzo Blanco

Foi seguido de Xosé María Rodríquez Fernandez, en 11:27:39; e de Arturo Piñeiro Rey, en 11:41:33.

A campioa das mulleres foi Lucía López Palmeiro, quen obtivo un tempo de 15:11:21. Participaron na proba, que discorre por sete concellos do Barbanza (Boiro, Rianxo, A Pobra, Ribeira, Porto do Son, Lousame e Noia), un total de 300 deportistas.

Como dixemos a calor marcou a tónica do evento, chegando a causar serios problemas a algúns dos participantes, polo desgaste provocado polas altas temperaturas e a deshidratación. Segundo confirmou Xabier Boullón, director técnico dos Os 100 dos International Trekkers, xa antes de chegar ao quilómetro 10 houbo que rexistrar dous abandonos.

Sinalar que esta edición da ultratrail (a oitava) foi o marco elixido para render homenaxe as deportistas máis experimentados da mesma: Xosé Lois Freixeiro, Amalia Otero e Xosé Dopazo.

Foto da organización obtida ao fío da vertente nocturna da proba

Os 100 dos International Trekkers é unha das grandes citas deportivas da nosa comarca e de toda a xeografía galega, non só polo número de participantes e a dificultade da proba (que son importantes) senón tamén polo alcance xeográfico e territorial que acada, xa que abrangue practicamente a totalidade dos concellos da nosa contorna. A nova edición desenvolveuse este sábado 24 e este domingo 25. A saída e a chegada foron no Pavillón de Barraña (Boiro).

Trátase dunha andaina de 100 quilómetros para percorrelos en 24 horas que discorre por sete municipios da bisbarra. Organiza o Club Deportivo International Trekjkers Barbanza Sar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.