O Concello de Rianxo anunciou que vai presentar no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, as ofertas de emprego para a contratación do persoal necesario para o programa PEL-Concellos 2023 da Deputación da Coruña. A iniciativa do Concello diríxese facilitar a “empregabilidade das persoas en situación de exclusión laboral”, especialmente no ámbito rural, así como fomentar a inserción apoiando a contratación de persoal para a prestación de obras e servizos básicos e esenciais.
As categorías para as que se vai presentar a oferta son:
1 oficial albanel.
1 condutor/a.
1 peón/peoa.
1albanel.
Pódense consultar as bases en: https://concelloderianxo.gal/…/-/blogs/pel-concellos-2023




