
Garda Civil
Un veciño de Boiro foi detido pola Garda Civil por un suposto delito contra a saúde pública. A Benemérita tivo constancia dun punto de venda nunha vivenda da localidade, na que o detido vendía substancias estupefacientes. O home tamén distribuía estas drogas por locais de lecer desta poboación.
A Garda Civil iniciou unha investigación para constatar a veracidade dos feitos. Como froito do traballo realizado, os axentes conseguiron lograr identificar ao presunto autor, así como a dirección do inmoble na que se realizaban estas vendas.
Os compoñentes da benemérita abordaron a esta persoa cando se dispoñía a percorrer os lugares habituais nos que vendía droga e os axentes detivérono e atoparon 82 dose de cocaína preparadas para a súa venda.
Na vivenda atoparon 139 dose de cocaína, 590 euros en moeda fraccionada, unha báscula de precisión e unha gran cantidade de envoltorios plásticos utilizados habitualmente para a dosaxe deste tipo de substancias, procedendo á súa incautación.
O detido, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira.



