“O sector cervexeiro español é o segundo de Europa e o noveno do mundo, con Galicia marcando o paso”. Antón Luaces

19 Xuño 2023

Elaborar mil millóns de litros ao ano é o obxectivo da nova fábrica de cervexa da Estrella Galicia en Morás, concello coruñés de Arteixo,  capacidade máxima de produción verbo da actual factoría da Agrela (A Coruña).

O proxecto de novas instalacións contempla  o comezo da actividade no derradeiro trimestre deste ano 2023. A primeira parte do proxecto  inclúe a construción dunha zona de recepción de materia prima, silos de almacenamento de malta, edificio de limpeza, prantas de moenda, almacén, estación de tratamento de augas, sala de máquinas, etc., sendo a capacidade de produción desta pranta de 250 millóns de litros de cervexa ao ano.

O investimento inicial previsto é de 450 millóns de euros e deseña novas ampliación -cando ata o de agora só dispuxo dunha única fábrica- ata que dentro duns tres meses (finais deste ano) estea xa a producir en Arteixo e Brasil.

Estrella Galicia será unha das fábricas máis modernas e máis grandes do continente europeo, dimensións que lle permitirán afrontar unha maior internacionalización da marca, presente actualmente en 60 países e que, á marxe do centro de produción que construirá tamén en Sao Paulo (Brasil), vai xerar 325 novos postos de traballo directos e 10.000 indirectos.

Este importante planeamento de Estrella Galicia cadra co relevante momento que vive o sector cervexeiro español, segundo da Unión Europea e noveno do mundo,

O informe socioeconómico do sector da cervexa 2022 elaborado por Cerveceros y Malteros de España confirma ao sector como un dos máis valiosos do segmento da agroalimentación española, que supón un impacto positivo na xeración de emprego, con 450.000 postos de traballo.

Aínda sendo un produto de grande consumo internacional pola súa calidade, compre dicir que España consume o 90% da cervexa que produce, un feito a ter moi en  conta.  

Outros artigos

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

+

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.