Adxudicado o proxecto para dotar de ascensor o Centro Cultural de Taragoña

16 Xuño 2023

O Concello de Rianxo vén de asinar coa empresa Construciones ANSPAL a execución do proxecto de construción dun ascensor para o Centro Cultural de Taragoña e outras melloras no edificio. O proxecto forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal.

Este proxecto conta cun orzamento total de execución por contrata de 98.343,17 €. Destínase á mellora da accesibilidade global do edifico que non dispoñía de facilidades para ao acceso de persoas con discapacidade e “a partir desta actuación poderán acceder ás dúas plantas do Centro Cultural”, explican fontes do Goberno local en funcións, engadindo que “estes traballos axudarán á revitalización do espazo ao facilitar o uso de toda a instalación para todas as persoas, incluídas as aulas de alfabetización de adultas do Concello que alí viñan acudindo”.

O prazo de execución é de 3 meses. A execución do contrato comenzará coa sinatura da acta de comprobación do trazado en planta. Preténdese realizar as obras durante o verán, ao remate do curso escolar da Unitaria Rosalía de Castro e rematalas antes do novo inicio “para non molestar a actividade docente”, engade o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.