“Escravas do machismo” – José Manuel Pena

15 Xuño 2023

Non casar; non andar en compañía de homes; estar na súa casa entre as 20.00 horas da tarde e as 6.00 horas da mañá; non viaxar en coche ou automóbil con ningún home excepto o seu irmán ou o seu pai; non tinguirse o pelo; non usar vestidos que queden a máis de cinco centímetros por encima dos nocellos. Estas son algunhas “cláusulas abusivas” que formaban parte do contrato de mestras, a principios do pasado século. Non hai tanto tempo.

Non usar pos faciais; non maquillarse nin pintarse os beizos; non vestir roupas de cores brillantes; non fumar cigarros; non beber cervexa…. Que terá todo isto que ver co ensino?, pois seguro que nada, pero ocorre que por esas épocas as mulleres, no noso país, non eran nin máis nin menos que meras escravas dunha “sociedade machista”, onde a muller non tiña ningún dereito e eran “propiedade” dos seus pais, nos seus primeiros anos de existencia e posteriormente dos seus respectivos maridos. Coa chegada da democracia e a constitucionalidade das leis algo cambiou aínda que sigan existindo “personajillos”, asociacións ou grupos políticos con mentalidades arcaicas, que non chegaron a evolucionar.

En pleno século XXI desgraciadamente, en moitos países do planeta, as mulleres seguen moi limitadas nos seus dereitos humanos ata o extremo de que son violadas, asasinadas, desposuídas dos seus bens con total impunidade e non pasa nada. Os familiares e autoridades públicas miran para outro lado e asumen esas situacións como algo habitual e natural. En moitos países de América do Sur, Asia ou África son cada vez máis as mulleres e colectivos sociais que rexeitan estas violacións dos Dereitos Fundamentais das persoas tratando de educar e transmitir os valores da igualdade, o respecto e a tolerancia entre os máis novos e adolescentes para garantir un futuro de liberdade para todas as mulleres, independentemente do territorio no que nacesen.

Outros artigos

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.