Manolo Ruíz non será candidato dos populares a alcaldía de Ribeira. Presentase o Senado nas xerais

14 Xuño 2023

Manuel Ruíz Rivas, Alcalde en funcións de Ribeira na rolda de prensa

O alcalde en funcións de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, anunciou na tarde desde mércores que non será o candidato do PP a alcaldía de Ribeira no Pleno do próximo sábado.

Na rolda de prensa o rexedor fixo balance da súa traxectoria desde que entrara en política como un servizo o pobo hai xa caseque catro décadas, como concelleiro, deputado no Parlamento de Galicia e desde hai doce anos como Alcalde Ribeira.

Manuel Ruíz destacou que a súa candidatura foi a que maís votos tivo nas últimas eleccións municipais con dez concelleiros pero que non lle permite ter maioría para gobernar en solitario.

O líder dos populares ribeirenses insistiu en que os partidos de esquerdas obtiveron seis concelleiros, fronte ao centro dereita que logrou 15, precisando que cinco deles son do PBBI, unha formación independente na que anteriormente moitos dos seus integrantes militaron ou foron simpatizantes do PP. Engadiu que está convencido de que con ese paso atrás que acaba de dar está a buscarse a unión do centro-dereita en Ribeira, é dicir, do PP e PBBI, que coa súa persoa polo medio non vía que poida ser factible.

A súa candidatura quedou supeditada á presión que exercía o PBBI, liderado por Vicente Mariño, con cinco concelleiros pero detrás en votos dos nacionalistas. Esta formación integrada en parte por antigos integrantes dos populares esixía que non fora alcalde Ruíz para apoiar o Pp de G, xa que se non apoiarían o BNG o ser a segunda forza máis votada nas municipais con cinco concelleiros. Ruiz despois de analizala la situación anunciou que da un paso atrás polo ben do concello.

O alcalde ribeirense durante doce anos, decidíu aceptala proposta que lle fai o partido de presentarse o Senado nas próximas eleccións xerais do 23 de xullo. Entre os temas que espera poder desenvolver está o de aumentalos postos da Comisaría de Ribeira, arranxalo paseo da Corna e outros moitos proxectos parados desde hai anos en Madrid, tamén arranxar problemas do sector mariñeiro. Trátase, dixo de seguir traballando polo concello e a comarca.

A candidata a alcaldía polo partido popular será María José Sampedro Fernández, actual tenente de alcalde de Ribeira, que contará cos dez concelleiros do PP de G. Encontra os cinco do BNG e un de Ps de G-Psoe. Queda pendente a decisión dos cinco concelleiros do PBBI que deciden esta tarde o que farán, aínda que en principio o seu apoio ós populares estaba supedidato a que Manuel Ruíz non fora o candidato a Alcaldía, polo que é de esperar que cumpran o seu compromiso. O pleno municipal celebrarase o sábado ás 12 da mañá.

Rolda de Prensa de Manuel Ruíz Rivas

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.