A obra teatral que recrea o que aconteceu logo do roubo do Código Calixtino chega a Rianxo en setembro (entradas xa dispoñíbeis)

14 Xuño 2023

O vindeiro sábado 23 de setembro, ás 20.30 horas, representarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a nova produción de Ainé, Códice K, que recrea a desaparición do Código Calixtino e os acontecementos que se produiciron até o remate da investigación para atopalo. Todo baixo unha óptica feminina. Trátase dunha obra con formato de comedia destinada a público adulto, cun texto de Manuel Cortés e baixo a dirección de dirección de Tito Asorey co asesoramento artístico Noemi Rodríguez. Segundo informou o Concello de Rianxo, xa se poden marcar as estradas para a función a través da web de Ainé (cun custe de 8 euros).

O elenco está formado por as seguintes actrices: Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos, Patricia Castrillón e Russ.

Argumento​​​​​

En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino. En xullo de 2012, xusto un ano despois, a policía recupera o libro, agochado nun garaxe. Que pasou en todo ese tempo? Investigacións, sospeitas, seguimentos, interrogatorios… Iso é Códice K: o que non se sabe por que nunca se contou. Códice K, o máis grande true crime da historia de Galicia.

Unha historia de mulleres

Por que contar a historia só con mulleres? Porque nela non hai máis ca homes: o electricista, o deán,

o xuíz, o investigador principal e os policías, os curas e o arcebispo. Pois a historia de Códice K

cóntase a través das múltiples mulleres que a circunvalaron. Porque se a ninguén lle estrañou nunca

unha cousa, non ten por que estrañarlle a outra.

Catro actrices meteranse na pel de múltiples personaxes para permitirnos contar a historia desde

múltiples puntos de vista. A maiores disto, en escena contarase cunha DJ que dará cobertura sonora

e dramática á obra.​​​​​​​

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...