Remodelado o Goberno Galego

13 Xuño 2023

A marcha do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde, e da conselleira do Mar, Rosa Quintana, provocou cambios na configuración do Goberno galego. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou esta tarde a incorporación de dous novos conselleiros e o ascenso de Diego Calvo e Ángeles Vázquez, mentres que María Jesús Lorenzana faise cargo de Economía.

Francisco Conde encabezará a lista do PP ao Congreso pola provincia de Lugo para as eleccións xerais do 23J, segundo confirmaba onte o PP. A marcha de Conde a Madrid, con todo, non sería a única: varias fontes apuntan a que Rosa Quintana, que chegou ao Goberno galego con Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda en 2009, tamén forma parte da lista popular para o Congreso.

A Xunta confirmou estes cambios este martes pola tarde, dúas xornadas antes do día no que de forma habitual celébrase o Consello da Xunta. Así, a reunión semanal celebraríase sen Quintana nin Conde e con Elena Rivo e Alfonso Villares como caras novas xa que, segundo avanzou Rueda, o novo Goberno será nomeado mañá mércores.

Elena Rivo foi Tenente Alcaldesa e Concelleira Economía e Facenda no Concello de Ourense entre 2003 e 2007, cando gobernou o PP, e é a actual vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Alfonso Villares, doutra banda, é alcalde de Cervo (Lugo) con maioría absoluta desde 2007, aínda que leva no PPdeG municipal desde 1995.

 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, asinará este mércores o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que quedará conformado do seguinte xeito.

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e DeportesDiego Calvo Pouso
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e VivendaÁngeles Vázquez Mejuto
Consellería de Facenda e Administración PúblicaMiguel Corgos López-Prado
Consellería de Infraestruturas e MobilidadeEthel Mª Vázquez Mourelle
Consellería de Economía, Industria e InnovaciónMaría Jesús Lorenzana Somoza
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesRomán Rodríguez González
Consellería de Promoción do Emprego e IgualdadeElena Rivo López
Consellería de SanidadeJulio García Comesaña
Consellería de Política Social e XuventudeFabiola García Martínez
Consellería do Medio RuralJosé González Vázquez
Consellería do MarAlfonso Villares Bermúdez

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.