Sanidade comeza este luns unha campaña -mediante envío de SMS- para informar á poboación susceptible de vacinarse fronte ao herpes zóster e o pneumococo

11 Xuño 2023

A Dirección Xeral de Saúde Pública incorpora a partir do 12 de xuño novas pautas de vacinación contra o pneumococo para as persoas aos 65 anos, tras a aprobación da nova vacina conxugada 20 valente (VNC20).

A Dirección Xeral de Saúde Pública inicia unha nova campaña de comunicación -mediante o envío de SMS-, para informar á poboación susceptible de vacinarse fronte ao Herpes Zóster e o Pneumococo, da posibilidade de solicitar cita para a administración destas vacinas, así como de toda a información dispoñible sobre as súas indicacións.

Neste senso, desde o vindeiro luns 12 de xuño, os centros de saúde comezarán coa administración da nova vacina antipneumocócica conxugada 20 valente (VNC20) Apexxnar®, de xeito sistemático nas persoas de 65 anos, ademais de vacinación nas persoas con condicións de risco (de 18 e máis anos).

Ademais, as persoas que así o soliciten tamén poderán recibir a vacina fronte ao herpes zóster (Shingrix®) como vacinación sistemática, entre a poboación xeral que cumpra no 2023, 65 anos e 80 anos (nados en 1958 e 1943).

Para favorecer que as persoas ás que lles correspondan estas indicacións as coñezan, e ademais facilitar o acceso a información dispoñible sobre estas infeccións, a poboación diana recibirá unha comunicación -vía SMS-, por parte da Consellería de Sanidade. Así mesmo, tamén poderán solicitar a súa cita polas canles habituais no seu centro sanitario e recibir a/as vacina/s que lle correspondan.

Calendario de vacinación ao longo de toda a vida

O pasado 15 de setembro de 2022, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade presentou o “Calendario de vacinación ao longo de toda a vida”, do que forman parte estas dúas vacinas, destinadas á inmunización e protección dos adultos fronte a dúas enfermidades inmunoprevibles habituais no noso medio. 

A vacinación fronte a enfermidade pneumocócica ten unha longa traxectoria na nosa comunidade autónoma, iniciándose no ano 2000 para todas as persoas de 65 anos, e tamén para as pertencentes a grupos de risco. Así, sufriu diferentes cambios a medida que se foron modificando as indicacións da vacina, ata que no ano 2017, se estendeu á indicación para todas as persoas ao cumprir 65 anos. 

Malia que xa formaba parte do calendario galego como vacina trecevalente, a principal novidade fronte á enfermidade pneumocócica na nosa comunidade é a súa substitución pola VNC20 (Apexxnar®). Unha nova vacina que contén 20 polisacáridos capsulares pneumocócicos conxugados, tendo algúns destes novos serotipos especial relevancia epidemiolóxica na enfermidade pneumocócica do adulto.  

A medida tenta ampliar e mellorar a protección fronte a enfermidade pneumocócica, sobre todo fronte as súas formas máis graves: pneumonía, meninxite ou sepse que xeran máis patoloxía, ingresos hospitalarios e incluso poden ser mortais, contribuíndo ademáis a reducir o uso de antibióticos e as súas resistencias.  

Pola súa banda, no caso da vacina fronte ao herpes zóster, trátase dunha nova vacina que entra a formar parte do calendario galego e que vai destinada a dous grupos de persoas: as que cumpren neste ano 65 anos (nadas en 1958) e 80 anos (nadas en 1943).  

O herpes zoster (HZ) é unha enfermidade de baixa mortalidade, pero frecuente e con maior incidencia nas persoas de máis idade e que aumenta de maneira considerable coa presenza de inmunodepresión. As súas complicacións, sobre todo a neuralxia postherpética, poden ocasionar discapacidade e diminución da calidade de vida, constituíndo un importante problema de saúde pública.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.