Este venres Rianxo acolle unha festa solidaria a prol da Asociación Galega de Fibrose Quística

08 Xuño 2023

A praza da Virxe da Guadalupe acolle este venres 9 de xuño, en horario de tarde (de 16.30 a 19.30 horas), unha festa solidaria en favor da Asociación Galega de Fibrose Quística. Organiza a Ludoteca Agarimo coa colaboración do Concello de Rianxo. Todo o recadado irá destinado integramente á Asociación Galega Fibrose Quística.

Segundo confirmou a organización haberá unha gran variedade de actividades, dende unha a emocionante festa en po holi ata inchábeis, música, globoflexia, pintacaras, xogos xigantes e pintura.

A entrada para participar nesta festa solidaria ten un custe de 8 €, e é necesario portar unha pulseira identificativa para acceder ao evento. A organización lembra que é preciso facer unha reserva anticipada na Ludoteca Agarimo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.