O día 25 de maio o Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, impulsado polo Concello para fomentar a formación cualificada e a ocupabilidade no termo municipal, iniciou os traballos de mellora, limpeza e mantemento da senda litoral de Taragoña. Actuarase principalmente nos lugares da Posta e do Porto.

Estes traballos consisten en roza de maleza e saneamento das especies existentes a conservar a modo de rareas e podas.
O Concello aconsella que se evite pasear pola zona en horario de traballo, pero ás persoas que o fagan recoméndaselles que tomen as medidas de precaución necesarias, transitando por zonas despexadas e mantendo a distancia de seguridade dos traballos.



