Os responsábeis do Rock in Rian organizan a festa de Fin de Ano rianxeira

13 Decembro 2019

Unha das cousas boas do espírito do Festival Rock in Rian de Rianxo, entre outras moitas, é a súa capacidade para saír de si mesmo e desestacionalizarse do verán. Sen ir máis lonxe este venres soubemos dos detalles do cartaz que preparan os organizadores do certame para a festa rianxeira do Fin de Ano, propoñéndonos unha maneira moi interesante de festexar este punto de inflexión entre un ano e outro: con alfombra vermella, actividades festeiras todo o día e moita música de baile, de madrugada, baixo carpa.

O eixe principal de actividade será na praza de Castelao, e comezará ás 9.00 horas con bombas de palenque e ás 10.00 cunha ruada con gaiteiros pola vila de Rianxo. As actividades proseguirán ás 12.00 coa misa en Santa Columna e ás 19.00 horas coa despedida do ano con música de baile. Está previsto abrir a carpa festeira á 1.00 horas, logo dos festexos familiares de Aninovo de cada quen. A música correrá a cargo de DJ Firius e DJ Sasi. Como dixemos, organizan os responsábeis do Rock in Rian en colaboración co Concello de Rianxo e Bandín Audio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.