Mobilización tamén en Rianxo como repulsa ao asasinato machista de Oia

05 Xuño 2023

A nosa comarca sumouse ás mostras de repulsa contra o feminicidio desta fin de semana pasada en Oia. Se hoxe pola mañá informabamos da mobilización da Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción), que convocou unha nova concentración este luns 5 de xuño ás 20.30 horas na praza do Concello de Ribeira, cómpre lembrar tamén a mobilización fixada para as 20.00 horas en Rianxo, da man do grupo local da Marcha Mundial das Mulleres e o Concello. Será na praza de Padrón.

A listaxe de localidades nas que se organizan mobilizacións podemos vela na web www.feminismo.info.

Os feitos que se denuncian nesta nova concentración aconteceron esta fin de semana nun camping de Oia (Pontevedra), onde foi asasinada Ana Vanesa pola súa ex parella, que se suicidou dun disparo nun monte próximo ao lugar dos feitos. O home (un axente da Garda Civil) tiña orde de afastamento de 300 metros da vítima e prohibición de comunicarse con ela. O presunto autor do feminicidio suicidouse sobre as 22.15 horas deste sábado tras máis dunha hora na que os axentes tentaron dialogar con el para que se entregase.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.