“Terreos portuarios para os concellos ata o de agora negados pola Xunta” – Antón Luaces

02 Xuño 2023

É unha vella teima que rexurde agora sen que, de certo, se saiba o porqué, a conselleira do Mar nunha resposta a unha interpelación parlamentaria sobre os espazos portuarios de uso urbano, salientou que o seu departamento traballa para poñer 450.000 metros cadrados de terreos portuarios a disposición do Estado para a súa reversión nos concellos costeiros, algo que moitos destes entes veñen reclamando desde hai anos e que xa foi motivo de controversia en distintas oportunidades.

Trátase, segundo a conselleira, de 27 espazos de distinto tipo cun valor do chan de máis de 12 millóns de euros que supoñen uns ingresos anuais para Portos de Galicia de arredor de 330.000 euros por taxas de terrazas de hostalaría ou mercadiños, unha recadación que tamén podería pasar a formar parte das arcas dos concellos, pero que ata o de agora non se aplicou nin tampouco se deu a coñecer oficialmente.

Esta carteira de terreos é o resultado de varios anos de traballo cos gobernos locais e coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), así como da realización -informa a consellería do Mar- de distintos informes para avanzar na reversión deses espazos sen uso portuario xa que logo, dixo a conselleira, “o Executivo galego é o primeiro interesado en poñer ao dispor da veciñanza aqueles espazos que non teñen actividade profesional”.

A Xunta pretende incluír en cada proposta de reversión o compromiso municipal de solicitar a súa titularidade para que “o Estado teña claras as aspiracións dos concellos e non poña atrancos inxustificados na súa tramitación”, cuestión esta que chama a atención poderosamente porque, en contadas ocasión, se abordou oficialmente a devandita reversión (que,,por outra parte, perfectamente podería levar a cabo o goberno galego).

A esta formulación da conselleira. O Grupo Socialista do Parfamento galego respostou acusando á Xunta de actuar “coma o cobrador do frac” e utilizar a Portos de Galicia “como boicot contra os concellos”.

O portavoz socialista lembrou a situación de numerosos concellos costeiros que foron absorvendo os terreos que un día integraran o porto local pero que, polo avance urbanístico, quedaron para usos menores. Sen embargo, Portos mantén estes terreos “para cobrar por un uso que nada ten que ver coa actividade portuaria, sen renunciar a asumir o seu mantemento ou limpeza, que recaen sobre os gobernos locais”. Cita, en concreto, ao concello de Cariño (A Coruña) onde a propia sede municipal está localizada en terreo de Portos (ao igual que o edificio da confraría de pescadores), cando “ningún barco atraca no concello e ninguén descarga peixe alí”, pero seguen a pagar taxas á entidade portuaria dependente da Consellería do Mar.

O mesmo sucede en concellos como os de Burela, O Grove, Vilaxoán, Cangas do Morrazo ou A Pobra do Caramiñal -entre outros- onde Portos cobra polo uso de zonas de tránsito “nas que non da servizos porque as papeleiras, a limpeza e o coidado dos xardíns son asumidos polos concellos” ou mesmo se nega á cesión temporal deses terreos para, por exemplo, celebrar as festas locais (caso de Malpica, Ribeira, etc.) por careceren de espazos nos que emprazar as atracción feirais e musicais .

Outros artigos

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

+

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

+

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.