O BNG elixe ao Goberno do PP que obrigue á empresa concesionaria da mina de San Finx a paralizar a súa actividade

31 Maio 2023

O BNG levou ao pleno do Parlamento a situación da mina de San Finx, cuxas verteduras residuais industriais á ría de Noia foron denunciadas pola veciñanza e polas confrarías locais. O Bloque, a través da parlamentaria pobrense Rosana Pérez (e portavoz de pesca), esixiu na sesión a paralización destes verteduras e a suspensión da actividade do Grupo Mineiro San Finx ata que se regularice a explotación.

“Foron 14 anos nos que, tanto a Consellería de Industria como a de Medio Ambiente, recibiron ducias de peticións, de escritos e de denuncias para que se revisase de oficio e se declarase nula a resolución do 2009 da aprobación dos proxectos”, denunciou a portavoz de Pesca e Marisqueo sobre a “situación de ilegalidade” desta mina.

Pérez fixo unha recompilación do devalar desta explotación contaminante da Ría de Noia, cuxa explotación foi autorizada no 2009 “sen recoller o preceptivo informe de impacto ambiental, polo que todo este procedemento está viciado de inicio”, reprobou, “xa que esta explotación seguiu adiante e foi aprobada definitivamente en decembro de 2009, eliminando dos antecedentes de feito da resolución a mención ao condicionante de presentar o estudo de impacto ambiental imposto na Resolución de 2008”, criticou.

“Expedíronse distintos informes oficiais da propia Xunta que explicitan a necesidade de someter á mina á avaliación de impacto ambiental e que advirten da perigosa situación das presas, que acumulan miles de toneladas de residuos e que se encontran en estado de abandono”, dixo a deputada, engadindo que “foron 14 anos nos que o Goberno do PP vén mantendo unha situación xa insostíbel e de alarmante exposición para a ría e para as persoas”, denunciou.

Pérez tamén aludiu ao feito de que en decembro de 2021, Valoriza Minería, do Grupo Sacyr, acordou transferir o 100% do capital de Tungsten San Finx, empresa titular da mina, á sociedade privada australiana Biscay Minerals Pty Limited. “Nos condicionantes de compravenda establécese que no caso de que non fose concedida a autorización de verteduras, Valoriza Minería asumiría o custe completo da rehabilitación do espazo natural afectado pola actividade mineira, reverténdose a compravenda”, polo que, a ollos da portavoz de pesca, a última autorización de vertidos outorgada por Augas de Galiza o pasado mes de febreiro “só se pode entender como unha táboa de salvación para eximir de responsabilidades á empresa, sen que se teñan en conta os impactos sobre a ría e a comarca e pasando por enriba de quen faga falta”.

Outros artigos

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...