“O Barbanza nada en azul, rema en roxo e revoltea nacionalista”. Antón Luaces

29 Maio 2023

Unha decena de concellos (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Noia, Porto do Son, Lousame, Serra de Outes e Muros) marcan a contorna máis coñecida da Serra do Barbanza, significada polìticamente coas cores azul, roxa e azul celeste para se referir ás formacións do PP, PS de G-PSOE e BNG que, en total, acadaron 109 escanos na suma dos concellos citados após o reconto de votos efectuado nas derradeiras horas do pasado domingo, 28 de maio, cando se celebraron as eleccións municipais na Comunidade Autónoma de Galicia e o restgo do Estado español. Este resultado outorga a maioría ao PP (57 concelleiros), seguido de 30 do PS de G-PSOE e 24 do BNG, amén doutras candidaturas menores cuxa presenza nas novas corporacións municipais han ser determinantes para a conformación das maiorías de goberno en moitos casos.

Se ben é certo, como xa informaba este xornal, que o Partido Popular gañou na maioría dos concellos barbanzáns (Ribeira, A Pobra,  Noia, Porto do Son, Lousame, Outes e Muros), o axustado dalgúns resultados obrigarán a pactos nestes e outros municipios, feito que evidencia que a denominada “marea azul” non “cubre” totalmente o caladoiro “roxo” dos socialistas e o azul celeste nacionalista cunha diferencia entre estes dous últimos e os primeiros de tan só tres edís: 57-54. Esta aproximación vai obrigar a exhaustivas negociacións porque, a máis, está en xogo a representación provincial nunha Deputación cuxa corporación vai ser conformada novamente en base a un pacto entre socialistas e nacionalistas galegos.   

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.