Municipais 2023: O PP de Ribeira aposta por crear un multiusos na fábrica de xeo de Aguiño e abrir unha escola infantil con 41 unidades

24 Maio 2023

A Casa de Cultura Manuel Ayaso Dios (Aguiño) acolleu na noite deste 23 de maio un acto do Partido Popular coa veciñanza da parroquia. A cita contou coas intervencións do candidato á alcaldía de Ribeira, Manuel Ruiz, e de catro integrantes da súa lista en representación desta parroquia: Ana Barreiro, Rubén Lijó, Juana Brión e Manuel Reiriz.

Entre as propostas que o PP trae para “que Aguiño siga pola senda do crecemento” figuran xestionar coa Confraría de Pescadores e Mariscadores a creación dun espazo multiusos no edificio da antiga fábrica de xeo, así como abrir unha escola infantil municipal con 41 unidades tal e como negociou Ruiz Rivas coa Consellería de Política Social.

Rehabilitación do Conservatorio

Ademais, Manuel Ruiz recordou que as súas xestións propiciaron a consecución de máis de medio millón de euros de fondos europeos Next Generation para a rehabilitación integral do Conservatorio de Aguiño e que este martes á medianoite remataba o prazo de presentación de ofertas para a construción da nova Escola de Deportes Náuticos que dará sede ao Club de Remo.

Recreación do proxecto para o Conservatorio

Tamén enumerou outras agardadas actuacións como a creación de peiraos flotantes no porto, que está en fase de estudo na Xunta, ou mellorar a cuberta do Colexio Heroínas de Sálvora.

Outras propostas incluídas no programa electoral son a semaforización na estrada xeral de Castiñeiras, a creación dun monumento á Virxe do Carme na entrada marítima ao porto de acordo cos desexos da Confraría, a creación dunha ruta polas antigas fábricas de salga, ou a rexeneración e posta en valor do Porto Fenicio e a restauración do lavadoiro de Pinisqueira, accións que contan con financiamento europeo dentro do Plan de Sostibilidade Turística de Ribeira.

Tamén se pretende continuar urbanizando diferentes rúas (Celeiráns, Cobasa…) e mellorar a accesibilidade e o firme nas rúas Francisco Lorenzo e Sálvora, ou mellorar a pavimentación e ordenación do tráfico en Falcoeiro, Serriño e rúa do Porto, entre outras.

O interior do futuro Conservatorio

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.