Rematan sen éxito as tarefas para atopar a arma de fogo da tentativa de homicidio de Ribeira

22 Maio 2023

Os traballos despregados este luns 22 de maio no porto de Ribeira, encamiñados a atopar a arma de fogo empregada no intento de homicidio acontecido na madrugada deste domingo na cidade, remataron finalmente sen éxito. Os labores comezaron ás 10.00 horas no porto e foron coordinados pola Policía Nacional, contándose coa presenza activa de buzos do devandito corpo (unidade subactuática). As tarefas remataron arredor das 13.00 horas e focalizáronse entre a contorna comprendida entre os barcos de pequeno tamaño e os de meirande envergadura.

Tres persoas detidas

Tres persoas foron detidas en Tui nas últimas horas pola agresión a un mozo de 27 anos que recibiu dous disparos e foi acoitelado dúas veces na madrugada deste domingo na capital barbanzá. Segundo fontes oficiais dous dos detidos o foron acusados por tentativa de homicidio e o outro por encubrimento.

O suceso, tal como recollemos en Obarbanza.gal aconteceu sobre as 2.30 da madrugada na rúa Diego Delicado, mais coñecida como a vella rúa de Correos, a esa hora un particular foi quen deu aviso ao Servicio de Emerxencias 112 Galicia tras escoitar un disparo nesta céntrica rúa de Ribeira. O ferido foi trasladado ao Hospital do Barbanza e posteriormente foi derivado ao Complexo Hospitalario Universidade de Santiago de Compostela.

No operativo tamén participaron axentes da Policía Nacional e Local. Precisamente, fontes policiais confirmaron que o mozo, de orixe marroquí, recibiu coiteladas e un disparo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.