Na Pobra, a segunda edición do concurso de microrrelatos Igualdade, conta comigo! queda sen adxudicar

18 Maio 2023

O xurado da segunda edición do concurso de microrrelatos Igualdade, conta comigo! decidiu deixar sen adxudicar os premios tanto da categoría adolescente coma da adulta. Integrado por técnicas municipais da Igualdade e profesoras da Secundaria, o tribunal ditamina que ningún do total de 7 textos presentados (6 na modalidade adulta e 1 na adolescente) axustábase aos parámetros establecidos.

A segunda convocatoria deste certame enmárcase na programación deseñada pola Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, co obxectivo de “fomentar uns valores baseados na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e eliminar comportamentos e actitudes que manteñen os estereotipos de xénero”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.