En Boiro aberto o prazo de inscrición para os Campamentos Deportivos de Verán da Deputación

18 Maio 2023

O Concello de Boiro colabora coa Deputación da Coruña na xestión dos Campamentos Deportivos de Verán destinados a rapaces e rapazas nados entre os anos 2009 e 2014. As inscricións están abertas e deben formalizarse mediante o rexistro xeral do Concello de Boiro.

Segundo lembran dende o Consistorio, os campamentos conteñen un amplo programa de actividades con deportes náuticos, actividades ao aire libre, visitas culturais, deportivas e etnográficas… “propostas que axudan a fomentar a comunicación, o intercambio de experiencias e a convivencia e respecto polos demais”.

Os rapaces e rapazas participantes neste campamento desfrutarán de cinco días con aloxamento e manutención na residencia do IES Rosalía Mera na Coruña entre o 16 e o 21 de xullo. O prezo do campamento é de 85 euros, que se aboarán unha vez confirmada a participación.

As prazas son limitadas e as inscricións para acceder ao sorteo para participar deben facerse presentando a documentación requirida a través do rexistro xeral ou a sede electrónica do Concello de Boiro ata o 7 de xuño. Toda a información está dispoñíbel na web municipal ou no departamento municipal de Deportes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.