“O sector pesqueiro debe implicarse na gobernanza internacional dos océanos” – Antón Luaces

18 Maio 2023

Resulta esencial garantir a participación do sector pesqueiro e outros actores implicados na construción da gobernanza internacional dos océanos.

Son consideracións da secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime, que avogou polo valor engadido da pesca na consecución dos obxectivos da Axenda 2030.

Aconteceu todo isto no decurso dunha xuntanza que mantivo Isabel Artime con representantes do sector pesqueiro e máis das ONBG na que abordaron a situación actual  da gobernanza pesqueira internacional na que puxeron de manifesto os fitos máis importantes do ano 2022 e as oportunidades que ofrece o 2023 para garantir unha gobernanza real e efectiva.

Entre os temas abordados neste encontro figuran a celebración da COP15 do Convenio de Diversidade Biolóxica post 2020 e a conclusión do acordo xuridicamente vinculante para a conservación e o uso sostible da biodiversidade mariña máis aló da xurisdición nacional (BBNJ). Tamén se sinalaron as novidades sobre a moratoria do marco da Autoridade Internacional de Fondos Mariños e sobre a IV Reunión dos Estados parte do Acordo de Medidas do Estado Reitor do Porto.

Adiantáronse, asemade, os aspectos clave da Conferencia de Revisión do Acordo das Nacións Unidas sobre poboacións de peixes transzonais e especies altamente migratorias (UNFSA) que se v ai celebrar proximamente.

Compre agardar que, desta vez, ese chamado á participación do sector pesqueiro a participar na construción da gobernanza dos océanos sexa algo máis ca unha mera exposición de bos desexos.

Outros artigos

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

+

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

+

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.