Detido un veciño en Rianxo por tráfico de drogas

16 Maio 2023

A Garda Civil detivo a un veciño de Rianxo como presunto autor dun delito de tráfico de drogas. Os axentes iniciaron a investigación o pasado mes de abril, cando constataron que consumidores habituais e menores achegábanse ata o parque do Auditorio da localidade para comprar substancias estupefacientes.

Durante o transcurso da investigación os axentes puideron aprehender 42 dose de pole de haxix ao investigado, tras o que procederon á súa detención. No rexistro da casa a Garda Civil atopou amais 238 doses de pole de haxix preparadas para a venda, así como 790 euros.

As substancias estaban destinadas ao consumo entre os mozos de Rianxo. Ademais da droga, os efectivos interviñeron varios útiles para o peso, corte e manipulación desta droga.

O detido foi posto ao dispor xudicial no xulgado de garda de Padrón (A Coruña), que decretou medidas cautelares.

Garda Civil

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...