En Noia a celebración do 17 inclúe unha ofrenda floral na Alameda e o sábado o Concerto das Letras Galegas

16 Maio 2023

O Concello de Noia, a través da Área de Cultura, preparou estes días unha completa axenda de actividades para celebrar as Letras Galegas. Poñendo o foco no preparado para este mércores 17 de maio, xornada adicada a Francisco Fernández del Riego, inclúese unha ofrenda floral ante os bustos de Antón Avilés de Taramancos e María Mariño na Alameda, coa intervención dramatizada de Serafín Fernández.

Francisco Fernández del Riego

O sábado 20 ás 21.00 horas, prolongando as actividades do 17, está previsto un Concerto das Letras Galegas na igrexa de Santa María A Nova, a cargo da Coral Polifónica de Noia, a Coral SCD Atlántida de Matamá (Vigo) e o Coro Errante da comarca De La Sidra. Organiza a Coral Polifónica de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.