Este sábado celebrouse a presentación da candidatura do PP de Muros, que elixiu o escenario do Cinema París. A cabeza de lista popular e actual alcaldesa muradá, Inés Monteagudo quen explicou que a elección non é casual, senón que o histórico inmoble é un símbolo da súa xestión no últimos catro anos.
Sabemos que queda moito camiño por percorrer, pero ver a evolución destes anos, explicou Inés Monteagudo ante as 200 persoas que asistiron ao acto .
A candidata popular centrouse en ir presentando un a un a todos os integrantes da candidatura, que conta con tres incorporacións nos primeiros postos. Sobre os que repiten, foi contando as actuacións impulsadas por cada un deles nas diferentes parroquias do municipio, mentres que Maica González, concelleira de Facenda e Cultura, e Pepe Vázquez, edil de Obras, tomaron a palabra para detallar a xestión realizada en cada unha das súas áreas de goberno.

R



