“Un Plan de Acción para o arrastre de fondo co que a Comisión Europea acabará co sector pesqueiro” – Antón Luaces

05 Maio 2023

Non queren caer da burra: a Comisión Europea (particularmente o eurocomisario Sinkevicius) seguen sen entender que a pesca, sendo só unha parte economía da economía, é fundamental para algunhas rexións europeas. É o caso de Galicia, e non hai máis que velo cando se bota un ollo ás cifras que avalían as cifras da macroeconomía que acubillan o Produto Interior Bruto (PIB): sen a pesca, e particularmente sen o arrastre de fondo en  calquera das súas modalidades, Galicia sería un ermo malia a importancia do marisqueo, a acuicultura mariña, o cerco, etc. 

 No arrastre de fondo (ese que Sinkevicius quere erradicar sen o dicir nidiamente) radica a supervivencia dun sector ancestral no mundo como é a pesca e ao que a Unión Europea non quere recoñecer o seu valor socioeconómico.

O 9 de maio -Día de Europa- vai ter lugar unha mobilización en todos os portos europeos para chamar a atención sobre os impactos dese Plan de Acción no sector pesqueiro europeo, arroupada polo apoio que prestan es patronais EAPO, EUROPÈCHE e EBFA, así como polos sindicatos integrados na ETF, baixo unha mensaxe directa que apunta á diana comunitaria da pesca: “As pesqueiras, como os verdadeiros gardiáns do mar, deben protexerse!”.  Por si mesmas e por aqueles que teñen a obriga de velar por elas.

Esa unión sindical e patronal vai facer tremer -tempo ao tempo- a estrutura da Comisión Europea. Unha unión que rexeita o impacto socioeconómico que, indubidablemente, vai derivarse do devandito “Plan de Acción da UE”, nomeadamente nas rexións europeas como Galicia, onde a pesca de arrastre de fondo representa unha parte importante das operacións pesqueiras. Como a patronal e os sindicatos comparten, “Europa corre o risco de profundar a súa dependencia das importacións de produtos pesqueiros”. Así, sen disimulos. E co n argumentos definitivos: o Plan implicará perda de postgos de traballo, incremento do consumo de combustible e as condicións laborais dentro do sector onde se van deteriorar máis, polo que a industria será menos atractiva para esas xeracións xoves que, disque, rexeitan a remuda profesional no mar.

Por estes motivos, a ETF pide “intervencións específicas críticas” no marco do sector pesqueiro europeo se verdadeiramente se pretende avanzar na construción dunha industria pesqueira ambiental e socialmente sustentable. 

Queren que a Política Pesqueira Común (PPC) sexa equilibrada desde o punto de vista da sostibilidade medioambiental, económica e social, porque medidas drásticas  como as incluídas no Plan amosan que a súa sustentabilidasde social e económica non se ten en conta “e a Comisión ten un enfoque desequilibrado”. 

É consciente a CE de tal desequilibrio?. 

A contaminación e o lixo humanos, en tanto que dependentes do impacto dunha serie  de actividades realizadas polos seres humanos, non debe facer que a pesca sexa a que pague o prezo de tal situación. “Deberían implementarse medidas específicas -afirma ETF- para abordar e reducir o prexudicial impacto doutros factores”. Talvez a Comisión e o seu responsable  ignoran nesta realidade.

Hai que investir en innovación na pesca de arrastre fronte á súa prohibición. Esta tería consecuencias sociais e económicas, mentres que a innovación reduciría o impacto no fondo mariño e no consumo de combustible.

Así de claro, así de sinxelo. Non o saben ou non queren sabelo?

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.