Unha trintena de estudantes de Braga (Portugal) recala en Ribeira no marco dun intercambio do Colexio de Frións

02 Maio 2023

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, recibiu este martes 2 de maio no Consistorio a unha trintena de estudantes de 6º de primaria do Agrupamento de Escolas André Soares de Braga, Portugal, que recalou esta mesma semana no concello ribeirense ao fío dun intercambio escolar co CEIP de Frións promovido polo Eixo Atlántico do Noroeste Municipal.

Antes da recepción oficial as e os estudantes tiveron oportunidade de desfrutar dunha pequena merenda servida polo Obradoiro de Cociña Tahume VIII no Mercado Municipal.

Xa no Consistorio, o alcalde desexoulles aos visitantes lusos unha agradable estancia en terras ribeirenses, nas que terán a oportunidade de facer boa amizade con alumnado do centro educativo de Frións, tamén presente no acto. Todos eles recibiron uns pequenos agasallos en agradecemento á súa visita, ao igual que o profesorado acompañante.

Pola tarde, os rapaces terán ocasión de coñecer distintos recunchos como a senda litoral de Area Secada á Ameixida, a Lonxa ou o Conservatorio Enrique Paisal, en tanto que este mércores 3 de maio poderán coñecer n a Pedra da Ra, o Castro da Cidá, o Dolmen de Axeitos, o Faro de Corrubedo ou a Sala Museo Municipal.

Hai que lembrar que fai unha semana, alumnos do CEP de Carreira e CEIP de Artes desprazáronse a Vila Real no marco dun segundo intercambio promovido polo Eixo Atlántico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.