Descobertos textos inéditos que acreditan a historicidade da ruta de peregrinación Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia

28 Abril 2023

A elaboración do estudo de historicidade e delimitación do camiño, promovido pola Asociación do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia, vén de descubrir a existencia de dous textos históricos e inéditos do século XII que acreditan que a ruta de peregrinación a Compostela a través da Ría de Muros Noia era coñecida e empregada polos Cruzados do norte de Europa que participaron no asedio de Lisboa no ano 1147. Trátase de dúas referencias atopadas en Turín (Italia) e Hannover (Alemaña) polo equipo conformado polo arquitecto Marcial Rodríguez e os historiadores e arqueólogos Sofía Baqueiro e Mario
César Vila.

Os tres investigadores compartirán as súas experiencias coa veciñanza o vindeiro mércores 3 de maio, ás 20:00 horas, no Coliseo Noela (Noia). Será durante a estrea oficial de “O Camiño esquecido”, un documental promovido pola Asociación Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia que recolle as evidencias documentais e patrimoniais que acreditan a historicidade e a delimitación deste camiño de peregrinación a Compostela.

Asedio de Lisboa no 1147
De feito, estas dúas últimas referencias atopadas en Italia e Alemaña non forman parte nin do
estudo presentado diante da Xunta de Galicia para a oficialización do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia nin están recollidas no documental que se vai presentar en Noia, xa que foron dúas referencias encontradas con posterioridade á súa elaboración. Trátase de dúas crónicas xermánicas sobre o asedio de Lisboa e a expedición que culminou coa conquista de Silves no ano 1189. “Resulta interesante descubrir como estas dúas crónicas reflicten o mesmo itinerario ao longo do tempo, do que se pode extrapolar que a ruta a Compostela por mar dende a ría de Muros e Noia era coñecida e recorrente para os navegantes do norte de Europa”, adianta Sofía Baqueiro Vidal.
A primeira das crónicas chámase Narratio de Itinere Navali Peregrinorum Hierosolyman Tendentium et Silviam Capientium, cuxo manuscrito datado no 1189 consérvase na Biblioteca das Ciencias de Turín. Esta crónica relata como once embarcacións partiron o 23 de abril de 1189 da cidade xermana de Bremen e como o 23 de xuño cruzaron as augas do río Tambre, que o historiador e abade Constazo Gazzerra identifica coa vila de Noia, desde onde se dirixiron a Compostela.

No caso da Crónica de Alvor, recollida na Chronica Regis Coloniense editada en 1880 Hannover, detalla a chegada das naves a Galicia, fala dun porto situado a dez millas do “Sactum Jacobum” e relata a súa posterior peregrinación ao sepulcro apostólico.
Documental
O gran estreo de “O Camiño esquecido” terá lugar o mércores 3 de maio, ás 20:00 horas, no
Coliseo Noela (Noia). A asistencia é de balde, se ben o número de prazas é limitado polo que
será imprescindible reservar una invitación persoal a través do mail comunicacion@riademurosnoia.com ou chamando ao teléfono 664 408 290. O documental, dirixido e editado por Rafael Luís Méndez Peña sobre un guión de Ana Ponte, recolle como se foi recompilando a diversa documentación necesaria para xustificar a historicidade e delimitación do trazado do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. Un
traballo realizado polo arquitecto Marcial Rodríguez e os historiadores e arqueólogos Sofía Baqueiro e Mario César Vila.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.