A Xunta convoca as axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega para o ano 2023

28 Abril 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres 28 de abril a convocatoria das subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Trátase dunha liña de axudas destinada á edición de materiais en formato impreso ou dixital á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina durante este ano 200.000 euros.

O obxectivo da convocatoria, dirixida ás empresas do sector editorial, é “fomentar a elaboración e publicación de recursos didácticos curriculares en galego no ensino regrado e favorecer o tecido da industria editorial galega”. As que cumpran os requisitos poderán solicitar as axudas (de xeito obrigatorio) por medios electrónicos a través do formulario da sede electrónica da Xunta ata o 29 de maio.

Será subvencionábel a elaboración e edición en lingua galega dos recursos didácticos curriculares e complementarios destes realizados en soportes impresos ou dixitais, e fican excluídos os materiais didácticos de nivel universitario, os libros de creación literaria, os dicionarios e enciclopedias, os libros de bibliófila/o, os de difusión gratuíta ou publicados por clubes de lectura ou similares, as obras que non sexan primeira edición e os proxectos con contidos idénticos aos xa subvencionados.

Os proxectos presentados serán valorados por unha comisión en función da súa orixinalidade e da súa calidade, que se medirá en función da adaptación dos materiais ao currículo oficial, do tipo de actividades propostas, da relación dos contidos cos intereses e coñecemento do alumnado destinatario, do tratamento dos valores democráticos, da adecuación á realidade cultural e social de Galicia e, por suposto, da calidade lingüística.

Ademais, os materiais destinados á formación profesional específica ou ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo obterán un incremento final da puntuación global dun 20% sobre a puntuación acadada.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.