
Este xoves 27 de abril celebrouse unha nova sesión das XVII Xornadas de Información sociosanitaria de Outes: a conferencia Cancros que veñen de fóra? O virus do papiloma e o camiño para comprendelos, impartida polo profesor e doutor Jorge Mira Pérez, catedrático de electromagnetismo do departamento de Física Aplicada da USC.

A sesión desenvolveuse no Salón de Actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 100 persoas. A coordinación correu novamente a cargo do doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes. Ao final do acto, o relatores foron agasallados con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai a ser o 25 de maio de 2023, baixo o título Enfermidades e medicina na vida e na obra do poeta de Outes: Francisco Añón, impartida por Ramón Blanco Fernández, Licenciado en Filoloxía Galega e Mestrado en Estudos Medievais Europeos. De novo celebrarase na Casa da Cultura da Serra de Outes. Con esta conferencia queda clausurada a dezasete edición das Xornadas e as segundas Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes (IV Ciclo da USC).




