A Agrupación Criaturas representará a obra A Geisha no Auditorio de Rianxo o día 6 de maio

27 Abril 2023

A Agrupación Teatral Criaturas presentará no Auditorio de Rianxo a función A Geisha, unha obra de teatro que entremestura importantes ingredientes de intriga, amor e traizón e que narra a historia dunha muller que busca a súa súa identidade en medio dun mundo de misterios e segredos. “O espectáculo”, reflicten dende a agrupación teatral con sede en terras rianxeiras, promete ser “unha experiencia sensorial única para o público”, coa “combinación de actuacións brillantes e unha produción teatral de alta calidade”.

A representación terá lugar o sábado 06 de maio ás 20:30 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

A entrada para o espectáculo terá un custo simbólico de 2 euros, que se poderán retirar na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da obra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...