O BNG do Son presenta un proxecto para gobernar para as persoas

23 Abril 2023

BNG de Porto do Son dou a coñecer na Casa da Cultura de Porto do Son os integrantes da súa candidatura, un equipo liderado por Balbino González e formada por vinte veciños dos que o cabeza de lista asegurou sentirse orgulloso, «tanto do número 2 coma do 20». Con ese grupo, os nacionalistas presentáronse coma unha alternativa que gobernará para as persoas.

«Cremos con sinceridade que o Concello están sendo mal xestionado», resumiu González, quen na súa intervención criticou con dureza o labor do goberno do PP: «Falta proxecto, fanse obras que non levan a ningún lado». Fixo tamén un balance da actividade de oposición realizada polo BNG nos últimos catro anos, destacando que «estivemos sempre apoiando aos veciños, co tema do colexio e o semáforo de Portosín ou co saneamento e Queiruga». Arroupando a candidatura estiveron Sol Agra, responsable comarcal, e a deputada Rosana Pérez.

remitida

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.