O IES da Pobra desfrutará das mellores bandas sonoras do cine

19 Abril 2023

O Teatro Cine Elma vivirá no 21 de abril, en horario de mañá, unha xornada musical dirixida exclusivamente a alumnado do IES da Pobra do Caramiñal.

A rapazada do 4.°, do 3.° e parte do 2.° da ESO asistirá ao concerto didáctico A doce vita. Sons de cine, cunha escolma das bandas sonoras de filmes que marcaron a historia da sétima arte.

Con relación a isto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, manifestou que este tipo de propostas busca complementar os coñecementos adquiridos nas clases con saídas pedagóxicas para enriquecer o proceso da aprendizaxe do alumnado, nesta ocasión a través dunha actividade cultural que une clásicos do cine e música.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.