Vodafone estenderá a Rianxo e Ribeira a súa despregadura avanzada de 5G

19 Abril 2023

Vodafone fixo balance da súa folla de ruta en Galicia en materia de despregadura de 5G, que é como se denomina á quinta xeración de tecnoloxía de comunicacións móbiles, que permite a conexión á rede de múltiples dispositivos e que impulsa a velocidade de conexión e a transmisión de datos, entre outros elementos. Segundo fixo saber a operadora, “até 138 municipios galegos estarán conectados coa mellor rede 5G de Vodafone na frecuencia de 700MHz de forma progresiva ata final de ano”. Entre estes 138 concellos atópanse, a curto prazo, os de Ribeira e Rianxo.

Máis de 2,2 millóns de galegos poderanse beneficiar dunha mellor cobertura especialmente en interiores de edificios e gran dispoñibilidade de largo de banda e de transmisión de datos, tamén en contornas rurais e pequenas localidades.

Dos 138 municipios con rede 5G, o 88,4% conta con menos de 25.000 habitantes.

Algúns dos novos municipios que comezarán a gozar das vantaxes do 5G son os seguintes:

– Na provincia de Lugo: Baralla​, ​Burela​, ​Castro de Rei​, ​Chantada, O ​Corgo, Guitiriz​, ​Monforte de Lemos​, ​Navia de Suarna​, As ​Nogais, Outeiro de Rei​, ​Pedrafita do Cebreiro​, ​Portomarín​, ​​O ​Saviñao​ e ​Sober.

– Na provincia de Pontevedra: Bueu​, ​C​angas, A Cañiza, Catoira​, ​Lalín​, A ​Lama, ​Moaña, ​Mondariz, P​onteareas​, ​Redondela​ e ​Vilagarcía de Arousa.

– Na provincia de Ourense: Allariz​, A​ ​Bola, ​O Carballiño​, ​Lobios​, ​Oímbra​, ​Padrenda​, ​Parada de Sil​, Pereiro de Aguiar,​ ​Ribadavia​, A ​Rúa, Rubiá​, ​Verín​ e X​inzo de Limia.

– Na provincia da Coruña: Aranga​, ​Ares​, ​Arteixo​, ​Boimorto​, ​Cariño​, ​Carnota​, ​Cerceda, ​Coirós​, ​Curtis​, ​​Fisterra​, ​Laxe​, ​Lousame​, ​Malpica de Bergantiños​, ​Mugardos​, ​Ortigueira​, ​Oza-Cesuras​, ​Rianxo​, ​Ribeira​ e ​Val do Dubra.

Vodafone explica que esta despregadura ampliará pegada efectiva de cobertura da operadora, en ambas as frecuencias (700MHz e 3700MHz), alcanzando a un maior número de habitantes en Galicia. Os fogares beneficiados poderán descargar contidos 5 veces máis rápido que con 4G, navegar cunha menor latencia e ter un maior número de dispositivos conectados de forma simultánea sen perder calidade, tamén en interiores de edificios. Tamén verán como mellora a calidade das chamadas de voz.

“En liña co noso propósito de conectar por un futuro mellor, a rede 5G chegará este ano a novos municipios como Redondela, ​Burela​ e ​Castro de Rei​. Este nova despregadura de rede 5G supón para a Comunidade un fito na dixitalización de empresas, cidadáns e administracións, non só en grandes e pequenas cidades, senón tamén en localidades menos poboadas e zonas rurais”, afirma Francisco Vallejo, director territorial de Vodafone na zona norte. Ademais, Vallejo engade que “este fito é mostra do noso compromiso por reducir a fenda dixital do noso país e achegar a conectividade a todos os cidadáns”.

A operadora anunciou que continuará despregando a súa rede 5G este ano, alcanzando ao 65% da poboación na frecuencia de 700MHz e ampliando o seu alcance na frecuencia de 3700MHz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.