Manuel Ruiz, no podcast en Primeira Persoa do PPdeG

18 Abril 2023

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, é o protagonista este martes 18 de abril do programa de podcasts en Primeira Persoa, do Partido Popular.

A xeito de presentación, o programa radiofónico en liña presenta ao rexedor ribeirense, candidato á alcaldía do Concello, como un experto coñecedor da vida política dende dentro. Concelleiro, deputado autonómico e provincial e agora alcalde, Ruiz Rivas queda co ámbito local como a parte máis gratificante do seu traballo durante estes anos: “Non hai nada mellor que traballar para que os teus veciños e amigos poidan vivir mellor no lugar no que naciches”, sinala, engadindo que o sacrificio persoal e familiar que esixe a vida política municipal vese recompensado “cando observas que o teu pobo mellora grazas ao teu esforzo e ás cousas que fas. É aí onde me sinto máis cómodo, onde lle encontro sentido a todo o que facemos durante as 24 horas do día durante 365 días ao ano”.

Seguidor recoñecido do Deportivo, confía en poder celebrar o ascenso branquiazul e a súa continuidade á fronte do consistorio de Ribeira. “Estou seguro de que con traballo pódense conseguir as dúas cousas”, afirma Ruiz Rivas, quen confesa a súa paixón por todo tipo de deportes. “Practiquei case todos. É certo que non son moi constante con ningún, pero gústame dedicar o meu tempo libre a facer deporte e a estar coa familia”.

Preocupado con desenvolver os seus proxectos políticos respectando a “marabillosa contorna natural” de Ribeira, o candidato popular recoñece que un dos seus retos pasa conseguir involucrar a todos os veciños, con independencia da idade, no deseño do futuro do concello. “É moi importante socializar a política, escoitar a todo o mundo e conseguir que todos os veciños acheguen as súas propostas para camiñar da súa man”.

“Son unha persoa sinxela, cercana e traballadora que ten gañas de aprender todos os días para mellorar nas cousas que faia”, concluíu.

Un novo formato para coñecermos de preto ás candidatas e candidatos

  • O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia
  • A máxima coa que se artellan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

Estas son as redes onde está dispoñible o podcast en Primeira Persoa:

Facebook: https://www.facebook.com/ppdegalicia

Twitter: https://twitter.com/ppdegalicia

Instagram: https://www.instagram.com/ppdegalicia

Youtube: https://www.youtube.com/@ppdegalicia

iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.