A capela de San Alberto volverá acoller este luns a súa tradicional e secular romaría. A capela ubicada sobre o monte do mesmo nome remontase no seu abside o século XII e o resto da mesma o século XVIII.
As actividades programadas pola parroquia de Santa Uxía arrincarán ás 16.00 horas, cunha peregrinación que partirá do atrio da igrexa. A misa será ás 18.00 e ao seu termo haberá unha actuación dun grupo de música tradicional.
Sobre as 19.00 comezará unha das propostas máis singulares, a poxa de galos. A xornada culminará cunha nova misa ás 20.30, esta en a igrexa parroquial.
Na capela realizase o tradicional cambio da tella que na súa versión moderna supón que a parexa que tire un trozo de tella e permaneza na hornacina casan antes dun ano. A tradicional é o de mover a tella para pedilo cambio da dirección do vento e con elo axudar os mariñeiros a regresar a terra. O refrán propular refrenda esta tradición ” Cando a Curota vexas tapar vai a San Alberte a ventear”.

Abside da pequena capela de San Alberte onde se atopa a “hornacina”



