O candidato do Partido Popular á alcaldía de Rianxo, José Luis Castiñeiras, mantivo nos últimos días unha reunion de traballo co conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, na que o popular expuxo as necesidades que o municipio ten en materia de infraestruturas educativas.
Durante o encontro, Castiñeiras puxo sobre a mesa a necesidade de que a Xunta de Galicia leva a cabo a instalación dun ascensor e a construción duns baños adaptados no Colexio Castelao, unha demanda que Rodríguez comprometeuse a estudar para incluír nas mellores que o Goberno Autonómico ten previsto acometer no centro educativo, e que suporán unha inversión de máis dun millón de euros.
O candidato popular, que agradeceu a predisposición do conselleiro, seguirá nas próximas semanas coa súa axenda de reunións nas que ten previsto verse con representantes de asociacións veciñais, culturais e deportivas, así como con todos os sectores económicos do concello de Rianxo.
O obxectivo destes encontros non é outro que recoller as necesidades e demandas de todos estas persoas para, posteriormente, elaborar un programa electoral que permita mellorar a situación actual que viven todos eles.




