Primeira xornada de voluntariado ambiental do proxecto Renatur_Outes

12 Abril 2023

O sábado 15 de abril comezan as intervencións de voluntariado ambiental para a renaturalización fluvial do río Tins no Concello de Outes, como parte do proxecto Renatur_Outes. Nesta primeira xornada de traballo plantaranse medio cento de ameneiros (Alnus glutinosa) nas marxes do río, acción coa que se pretende minimizar a erosión en épocas de cheas e restaurar o hábitat prioritario de bosque de ribeira, no que os ameneiros teñen unha especial importancia como refuxio de invertebrados bentónicos e pequenos invertebrados.

Pódese apuntar calquera persoa (ata un límite de 50 prazas) enviando un email a info@montescola.org, de xeito presencial na Casa do Concello ou tamén no Concello por teléfono no 981850003. A atividade terá lugar de 10:30 a 13:30 e incluirá unha sesión de identificación de especies exóticas invasoras para a súa eliminación en próximas intervencións. O punto de encontro será a Casa da Cultura da Serra de Outes.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acácia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmi, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Deste xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, senon tamén xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.