“Redes de enmalle ao garete contra o cerco, na captura do atún”. Antón Luaces

09 Abril 2023

Dun ou doutro xeito, as organizacións pesqueiras formulan sen nengún tipo de disimulos as súas pretensións de mediar para que os intereses alleos a elas fagan valer as súas teses en contra, evidentemente, das que aquelas defenden. Non importa o sistema, o método a empregar. O que se impón é o beneficio que se tira da actitude, como ven de se pór en evidencia na VI sesión especial da Comisión do Atún do Océano Índico (IOTC) que, en votación -un método non  propio deste tipo de sesión, onde todo se acorda por consenso- tomou a decisión de erradicar o uso de obxectos frotantes troncos e madeira e valos- debaixo dos que se concentra atúns e outras especies de peixes, facilitando “a catura de exemplares con redes de cerco” que non son  tales senon redes de enmalle ao garete (de deriva) expresamente prohibidas en Europa pero que 16 países (dun total de 30 que integran a devandita Comisión do Atún do Océano ïndico, entre estes a Unión Europe) apostaron por unha erradicación que prexudica directamente aos cerqueiros -deles varios españois-  cando 11 deles non empregan redes de cerco para a captura de atúns senon que o fan con redes de enmalle ao garete, como corroborou a O Barbanza o presidente da organización de ámbito europeo Europêche, Javier Garat, para quen é indiscutible que ese países costeiros do Pacífico non fan outra cousa que beneficiar a un  cidadán británico que tenta facerse con todo o mercado mundial do atún sen que ninguén, ata o de agora, puxera impedimento algún para evitar este monopolio.

Nen sequera a Unión Europea que, ainda que se agarda dela unha postura de franca oposición a tal pretensión, non se ten manifestado ao respecto, como se os Estados membros non se xogaran nada neste envite, no que sí ten un  papel a desenvolver España e os cerqueiros atuneiros con base, maioritariamente, na comunidade andaluza.

Tal vez o feito de que o Reino Unido na non forme parte da UE teña animado ao empresario británico a botar o seu cuarto a espadas nesta oportunidade que brindou a IOTC.

Certamente, o sector pesqueiro español -e europeo- non da feito diante de tanto ataque.

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.